En Parada de Sil – Ourense

Ribeira Sacra

 

Como Chegar?

 

  • Transporte público:

Pódese chegar en autobús dende Ourense, lamentablemente, non é diario nin na fin de semana.

  • GPS: Non sempre enviará polo mellor camiño, é mellor seguir estas instrucións. En calquera caso, estas son as coordenadas: -7,5472110/42,377157.

Para chegar desde o norte de Galicia, podedes facelo desde Monforte de Lemos ou desde Ourense.
Desde Monforte hai que procurar a estrada LU-601 a Castro Caldelas e logo de atravesar o río Sil, nO Ivedo tomar un desvio á dereita cara Á Teixeira, e, de aí, continuar a Parada do Sil, aínda que a casa xa estará 5km antes.

Desde Ourense , se chegades pola autovia, saide pola Ourense centro e seguide as indicacións de Ribeira Sacra SUR que vos van deixar no inicio da OU- 536 a Trives. Seguir deica Vilariño Frío, onde hai un desvío á esquerda a Parada do Sil. Alí hai que atravesar Parada do Sil para continuar 5 km. máis ata chegar a Chandrexa.

Se vindes de Madrid podedes saír da autoestrada en Xinzo de Limia, pola saida 193, evitando a cidade de Ourense e chegando por estradas secundarias, de Xinzo a Vilar de Barrio e logo Maceda, de alí ao Alto do Couso que está na OU-536 e se toma en dirección a Trives e xa son as mesmas indicacións que dende Ourense.

Aquí podes ver a situación, ou se fas clic na ligazón, Google Maps abrirase para guiarte como un navegador GPS cara á casa: http://reitoraldechandrexa.googlemaps.link/

© Dereitos de autor reitoral DE Chandrexa - Web Design Internet 2.0