Que visitar

 

A Reitoral de Chandrexa está situada no corazón da Ribeira Sacra ou Cañón do Sil, a paisaxe é o seu gran “monumento”, polo que vai ser unha boa base para excursións por toda a comarca, entre ladeiras adicadas á viña (con Denominación de Orixe “Ribeira Sacra”) e a castañas.

rosetaUn paseo en coche lévanos no dia a visitar mosteiros como o de Montederramo, San Pedro de Rocas, Santo Estevo de Ribas do Sil, Santa Cristina y Xunqueira de Espadanedo; ou a vila de Castro Caldelas, co seu castelo. A antiga necrópole de S. Vitor é un lugar fascinante que sempre recomendamos.

Hai miradoiros espectaculares sobre o rochoso Cañón ou nas empinadas ladeiras das viñas. E se estás interesad@ no viño hai pequenas adegas que te explicarán o seu traballo tomando unha copa e pasando un bo rato.

Monsaterios de Gran Interes

Existen varios mosteiros que podes visitar a partir da Reitoral de Chandrexa

Algo máis aló, pero a menos de 1h, podes visitar:

  • a cidade de Ourense, coas súas famosas termas ao aire libre e o coidado Centro histórico; ou a vila medieval de Allariz, de gran encanto e vitalidade, nun enclave que é Reserva da Biosfera.
  • Se visitar este lado do río Sil ourensán faíseche pouco, atravesao e terás moita máis Ribeira Sacra chea de beleza e cousas interesantes, coa pequena cidade de Monforte de Lemos como capital. Onde te recomendamos as visitas guiadas na zona de http://www.maisqueromanicorutas.com/
  • E para o sueste está, en Terras de Trives, a estación de montaña de Manzaneda (a uns 65 min. da casa), e natureza grandiosa no Macizo Central Ourensano e o Val do rio Navea.
© Dereitos de autor reitoral DE Chandrexa - Web Design Internet 2.0