Agricultura Ecolóxica

 

A agricultura ecolóxica (tamén chamada biolóxica ou orgánica)é o cultivo da terra respectando o solo, animais e plantas, sen tratamentos nin fertilizantes químicos, e de sementes non manipuladas pola industria(os cultivos transxénicos están prohibidos) , de xeito que se producen alimentos propios da tempada, saborosos e saudables.

A actividade agrícola da casa é altamente diversificada, e orientada á autosuficiencia. Inclúe unha horta, parcela de froiteiras (especialmente as pequenas froitas "do bosque": framboesa, grosella, amora e arandos), porco celta criado no exterior, unha parcela de viña, soutos ( ) e nogueiras. Un moderno proxecto de autosuficiencia nun vello pais de minifundios. Todos os lotes están incluídos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Actualmente só se comercializan as producións de castañas e noces, de excelente calidade. O resto da produción vai para o comedor da casa.

Se vindes con nenos / nenas, disfrutarán especialmente co coidado diario dos animais: as pitas, os cabalos e os porcos, que tamén forman parte do ciclo da casa aportando esterco e aproveitando excedentes da horta e da cociña.

Noces e castañas son vendidos directamente aquí ou poden ser enviados a casa, para calquera cidade do Estado español, no último caso, o prezo pode variar segundo o sistema de entrega. Podes facer o teu pedido por teléfono, ou correo electrónico.

© Dereitos de autor reitoral DE Chandrexa - Web Design Internet 2.0