Casa Rural Reitoral de Chandrexa
Parada de Sil – Ourense

 

Estamos na Ribeira Sacra ourensá, moi preto de Parada de Sil, onde o río que dá nome a este concello discorre formando un desfiladeiro rochoso espectacular, con, abas, suavizadas ás veces, cubertas de videiras, castaños e vellos mosteiros .

Gústanos coidar da terra de forma ecolóxica: temos horta, viña, frutais, souto (castañar) e tamén coidamos dalgúns animais .

É unha antiga casa reitoral (a casa do cura)que ofrece tres cuartos dobres onde podes estar. Construída en pedra e madeira de castiñeiro, foi restaurada con respecto e buscando o máximo de confort. Na súa recuperación tivéronse en conta criterios de bioconstrucción para materiais de illamento, vernices e pinturas. Está equipada con sinxelo mobiliario antigo restaurado .

Quizais non gostes se te atrae o luxo ou és adicto/a ao especial tacto do plástico, á televisión, ao ruido e ás multitudes. Pero se, por outra banda, buscas beleza e tranquilidade (por veces rota polo canto do galo ou a campá), sabores auténticos dos alimentos ecolóxicos , aquí podes apreciar isto e moito máis: proba , ao serán, na sombra do corredor de madeira, a soneca na hamaca da horta; unha noite estrelada ; e se vés con rapaces, poderás baixar a garda: poderán entrar e sair da casa sen perigo.

TURISMO

Miradoiros, adegas, mosteiros, igrexas, castelos, necrópole ... nunha contorna onde a natureza é exhuberante e pródiga, e as persoas amables e sempre dispostas a parolar. Ler máis»

ACTIVIDADES

Sendeirismo, Canoas, Recollida de Cogomelos e Agroturismo... son algunhas das múltiples actividades que podes facer na visita á Reitoral de Chandrexa Ler máis»

RESERVAS

Reserve agora de forma totalmente segura a través da nosa Central de Reservas con RuralGest. Consulte a dispoñibilidade para as datas escollidas e veña coñecernos en persoa. Reservar»
© Dereitos de autor reitoral DE Chandrexa - Web Design Internet 2.0