>

>

REITORAL DE CHANDREXA

Turismo rural e agroecoloxía

a casa


Estamos na Ribeira Sacra, na banda de Ourense, perto de Parada do Sil,nunha antiga casa reitoral. Temos alguns animais, facemos agricultura ecolóxica, e dispoñemos de tres cuartos dobres con baño onde te podes aloxar.

A casa é unha antiga Reitoral, construida en pedra e madeira de castiñeiro e restaurada con respecto pero buscando a máxima comodidade.Na restauración tivéronse en conta criterios de bioconstrucción para os materiais aillantes, vernizes e pinturas, e está amoblada con mobles antigos restaurados.

Non te gustará se adoras o luxo ou eres adicta/o ao suave tacto do plástico. En calquera outro caso, proba unha tardiña á sombra do corredor ou espertar de mañá cedo escoitando o bulir diario dos animais (Claro, temos galo, e non entende de horarios de domingos ou festivos...)

Dispoñemos de tres cuartos para hóspedes, e no mesmo inmoble pero separada está a nosa vivenda (que ocupamos durante todo o ano). Todos eles teñen camas de 1,35 e en dous deles tedes posibilidade de instalar unha ou duas camas supletorias. Por suposto, a casa dispón de calefacción.

Esta pequena dimensión permítenos coidar ao máximo cada detalle e, sobre todo, fai posible que podamos ofrecervos no comedor productos biolóxicos e artesáns, un nivel de calidade que non poderiamos manter a gran escala.

Pódese xantar e cear na casa. A cociña baséase nas materias primas que se cultivan na finca: se vos gusta a comida vexetariana podedes disfrutar o sabor dos productos biolóxicos frescos, e para os non vexetarianos temos estupendas carnes biolóxicas de año e terneira, acompañadas polo pan e o viño biolóxicos que facemos tamén aquí

 

Disfrutamos facendo o noso traballo. Vós disfrutaredes co resultado

English | Castellano

Reitoral de Chandrexa. 32747 Parada do Sil, Ourense.
T(+34) 988 208 099 | rchandrexa@gmail.com